A rotura dunha tubaxe de auga provocou a inundación de varias rúas de Ourense
Varias horas pasaron os bombeiros achicando a auga que deixou anegadas varias rúas da cidade e sen auga aos veciños do barrio da Inmaculada na cidade de Ourense
Os veciños quéixanse de que non é a primeira vez que acontece, que a rede de subministración é moi antiga e reclámanlle ao Concello un arranxo urxente

A rotura dunha tubaxe de auga provocou a inundación de varias rúas de Ourense. Varias horas pasaron os bombeiros achicando a auga, que deixou anegadas varias rúas da cidade e sen subministro os veciños do barrio da Inmaculada, na cidade de Ourense.
A rotura da tubaxe produciuse pasadas as nove da noite, levantou unha arqueta pola que comezou a saír gran cantidade de auga, que entorpeceu o tráfico e o paso de peóns. Entrou nalgún garaxe, pero sen consecuencias maiores.
Os veciños quéixanse de que non é a primeira vez que acontece, que a rede de subministración é moi antiga e reclámanlle ao concello un arranxo urxente.