Publicador de contidos

Publicador de contidos

A forte chuvia que afecta o norte de Italia deixa tres mortos, cortes de luz e importantes danos

A forte chuvia que afecta o norte de Italia deixa tres mortos, cortes de luz e importantes danos

Os bombeiros acharon este venres os corpos de dúas persoas que desapareceron onte á noite na rexión do Véneto

O mal tempo causou desbordamento de ríos e obrigou a cortar estradas e cancelar parte da circulación ferroviaria

Reuters
G24.gal 18/04/2025 12:18

Os bombeiros acharon este venres os corpos de dúas persoas desaparecidas onte á noite na rexión do Véneto, despois de que o seu coche caese a unha focha nunha ponte causada polo mal tempo e fóra arrastrado por un arroio asolagado.

Trátase dun pai e un fillo que desapareceran na provincia de Vicenza despois de que o seu vehículo caera e resultara arrastrado pola corrente.

Con eles son xa tres os mortos polas fortes choivas que golpearon o norte de Italia desde o xoves.

No Piamonte -una das rexións máis golpeadas polo mal tempo- un ancián de 92 anos morreu onte ao afogarse na súa casa despois de que a auga e fortes inundacións cubrisen as rúas da localidade, o que causou tamén danos materiais, cortes eléctricos e un rastro de lodo e entullos.

Esvaróns de terra e danos na agricultura e nas infraestruturas

A forte choiva e as inundacións afectaron desde onte con forza a área norte de Italia, o que causou danos materiais e puxo en alerta a moitas rexións da parte setentrional do país.

O mal tempo causou esvaróns de terra e o desbordamento de ríos, e obrigou a cortar estradas, vetar a circulación por pontes ou interromper e cancelar parte da circulación ferroviaria.

Segundo a organización agrícola Coldiretti, no Piamone os danos polas colleitas perdidas poderían ascender a dous millóns de euros, sen contar os custos de reparación engadidos, que poderían facer triplicar os gastos.

O Consello Rexional de Piamonte reúnese este venres en sesión extraordinaria para analizar a situación meteorolóxica e facer un cálculo dos danos causados polo mal tempo, mentres que o presidente da rexión, Alberto Cirió, pediu declarar o estado de emerxencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade