Publicador de contidos

Publicador de contidos

A residencia de Oleiros rexistra 109 casos positivos por covid-19

A residencia de Oleiros rexistra 109 casos positivos por covid-19

Os infectados non presentan síntomas graves da enfermidade

G24.gal 10/02/2022 13:59

Nos centros de maiores os datos dos últimos días recollen un gromo na residencia de Oleiros.

Alí contabilízanse 109 persoas infectadas dos 284 maiores que residen neste centro público. Todos eles están en bo estado de saúde e, segundo informa Política Social, están seguindo a corentena que marca Sanidade.

É unha cifra elevada que supón o 40 % dos casos que se contabilizan en toda a área sanitaria da Coruña e Cee e un 17 % do total de Galicia.

As autoridades din que os protocolos se están a cumprir como se vén facendo durante toda a pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade