Publicador de contidos

Publicador de contidos

A reserva federal move peza, por Venancio Salcines

OPINIÓN

A reserva federal move peza, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 22/09/2022 08:00

A reserva federal volveu mover peza e cada vez que o fai móvese todo o taboleiro. Cal foi o seu movemento? Unha suba forte dos xuros, que leva o prezo do diñeiro por enriba do 3 %. 

Por que o fai? Quere frear a inflación, parar as subas dos prezos. Entende que a única maneira de facelo é tirar do freo de man. Parar si ou si o crecemento económico e con iso darlle tempo á oferta produtiva a medrar e adaptarse á demanda. 

Por que nos afecta? Porque os mercados financeiros son globais e buscan o binomio rendibilidade seguridade, e iso o ofrece hoxe o mercado estadounidense. E se o diñeiro está nun lado non está noutro. 

Polo tanto, veremos que as economías emerxentes, moitos clientes das nosas empresas, terán que subir os seus xuros para evitar quedar sen financiamento internacional, o cal repercute no custo da súa débeda, mais alto, e no valor da súa moeda, mais baixo. 

Isto mesmo pasará en Europa, onde tamén veremos algo mais, que se non movemos ficha, importaremos inflación. É dicir, o euro continuará depreciándose e as materias primas e os derivados do petróleo, que se aboan en dólares,  subirán para os nosos consumidores e empresarios. Combater a inflación, o gran mandado do BCE, implicará subas dos xuros, porque temos que darlle tempo á nosa oferta para que medre e porque non podemos permitirnos ter un euro tan depreciado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos