A Reserva Federal dos Estados Unidos sobe os tipos de xuro un 0,25 %
A Reserva Federal dos Estados Unidos sobe os tipos de xuro un 0,25 %
O presidente do banco central estadounidense Jerome Powell comparecerá ante a prensa para dar detalles sobre a decisión

A Reserva Federal dos Estados Unidos anunciou este mércores unha subida dos tipos de xuro de 0,25 puntos, que os sitúa nunha pinza de entre o 4,75 % e o 5 %,.
A suba prodúcese no medio da crise causada polo colapso de dous bancos no país e o rescate dun terceiro.
Trátase do noveno aumento dos tipos nun ano para combater a inflación, aínda que é menor que o anticipado pola Reserva Federal.
O Comité Federal de Mercado Aberto (FOMC) asegurou que o "sistema bancario dos EUA é san e resistente".
"É probable que os acontecementos recentes resulten en condicións crediticias máis estritas para os fogares e empresas e que pesen na actividade económica, a contratación e a inflación. O alcance destes efectos é incerto. O comité segue moi atento aos riscos da inflación", dixo nunha nota.
Augurou ademais que "pode ser adecuado un certo endurecemento adicional" da súa política monetaria para lograr o seu obxectivo de inflación, aínda que subliñou que seguirá vixiando as repercusións que poida ter.
Espérase que o presidente do banco central estadounidense Jerome Powell compareza ante a prensa para dar detalles sobre a decisión.