Publicador de contidos

Publicador de contidos

A relación con Abanca e a venda de xogadores, os titulares que deixou a Asemblea do Celta

A relación con Abanca e a venda de xogadores, os titulares que deixou a Asemblea do Celta

G24.gal 20/11/2024 22:49

Na Asemblea do Celta fíxose unha perfecta exposición da situación económica, social e deportiva do club. Pero sempre hai temas que acaban acaparando os titulares pola súa transcendencia social e mediática. 

Un dos socios pediu explicacións pola relación do Celta con Abanca logo de que o seu dono ocupase a presidencia do Deportivo. Gainzarain, CEO Corporativo do club vigués, respondeu que fora unha decisión que sorprendeu no Consello do Celta. Tamén comentou que pediron o mellor trato para o Celta, como primeiro club de Galicia, e que a entidade financeira mellorou a súa achega para esta temporada. Gainzarain deu o dato de que Abanca é un dos dous patrocinadores principais do Celta e ten un acordo que vai ata o 2028.

Nesa mesma liña se amosou a presidenta Marián Mouriño unha vez rematou a Asemblea de Accionistas. Tamén dixo que a necesidade de vender (orzamentada en 34 millóns de euros) é algo habitual en clubs da dimensión que ten o Celta, pero que agardan aumentar ingresos extraordinarios para que o peso desas vendas nun futuro próximo sexa inferior. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade