Publicador de contidos
Publicador de contidos

A regasificadora de Mugardos traballa arreo ante a escalada de tensión no mercado

A regasificadora de Mugardos traballa arreo ante a escalada de tensión no mercado

A de Mugardos é a que máis medrou das seis españolas

En 2021 chegaron 24 barcos cun cargamento equivalente ao consumo de sete millóns de fogares nun ano

G24.gal 01/02/2022 16:27

España ten seis regasificadoras que están traballando máis ca nunca. No caso da de Mugardos, na Coruña, cada vez chegan máis barcos, porque a galega é a planta que máis creceu o ano pasado.

Na planta de Reganosa, en Mugardos, é a que máis medrou das seis coas que conta o sistema do gas en España. Chegaron en 2021 un total de 24 barcos que descargaron o equivalente ao consumo de sete millóns de fogares nun ano.

A procedencia do gas é moi diversa para garantir a seguridade na subministración en caso de calquera eventualidade. É o que ocorreu no caso do peche do gasoduto do Magreb ou, neste momento, a escalada de tensión entre Rusia e Ucraína.

Jesús Losada, responsable de desenvolvemento de negocio de Reganosa: "Se o gas ruso deixa de vir non pasaría nada. Hai unha cesta de aprovisionamento moi diversa desde os Estados Unidos e outros países. Polo que non habería problema de abastecemento de gas en España".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar