Cargando resultados...
Teatro contra os estigmas. 'Soños': a realidade dos pisos tutelados nas táboas
Soños estréase o 24 de febreiro no Salón Teatro de Santiago de Compostela
A peza é para todo tipo de público, pero está especialmente dirixida aos adolescentes
Colaboran coa ONG Igaxes as productoras teatrais Cultura Activa e Artefeito
G24.gal
22/02/2023 15:34
Soños é unha peza teatral en que ficción e realidade se mesturan para achegarse ao ambiente da xuventude que vive e medra en pisos tuteladas. Este proxecto social e artístico naceu da colaboración entre Igaxes, Culturactiva, Artefeito, e o CDGA. Rematar cos estigmas é un dos seus obxectivos. A estrea será o vindeiro 24 de febreiro no Salón Teatro de Santiago.