A princesa Leonor regresa a España para continuar a súa formación
Participará en exercicios de combate a bordo do Blas de Lezo
Viaxará a Galicia en xullo, para participar na entrega de despachos en Marín o día do Carme
Tras a escala de cinco días en Nova York, a princesa Leonor deixa os seus compañeiros do Juan Sebastián Elcano para regresar a España en avión. Aquí completará a súa formación na fragata Blas de Lezo. Unirase ao grupo de combate expedicionario Dédalo, no que tamén se integra o portaavións Juan Carlos I.
A principios de xullo, a princesa volverá enrolarse no Elcano, para navegar ata Galicia. Primeiro con parada en Ferrol e despois ata Marín, onde permanecerá ata a celebración do día do Carme a entrega de despachos. Tamén alí recibirá o título de filla adoptiva da cidade.
Xa en setembro, para completar a súa formación a herdeira ao trono incorporarase á Academia do Aire e do Espazo de San Javier, en Murcia.