Publicador de contidos

Publicador de contidos

A princesa Leonor recibirá a Medalla de Ouro de Galicia o 14 de xullo

A princesa Leonor recibirá a Medalla de Ouro de Galicia o 14 de xullo

A princesa Leonor regresa a España para continuar a súa formación

Os reis visitarán Burela o martes 17 de xuño en recoñecemento ao sector do mar

G24.gal 10/06/2025 15:17 Última actualización 10/06/2025 21:09

A princesa de Asturias, Leonor de Borbón, recibirá unha das Medallas de Ouro de Galicia da edición de 2025. A princesa, que estivo ligada á Escola Naval de Marín pola súa formación nos últimos meses, recollerá o galardón nun acto específico o próximo 14 de xullo en Santiago de Compostela.

Leonor de Borbón pasará a compartir esta distinción co seu avó, o rei Xoán Carlos I, quen o recibiu en 1985.

As Medallas de Ouro de Galicia constitúen o máximo recoñecemento que o Executivo autonómico entrega a personalidades, colectivos ou institucións polos seus méritos ao servizo da comunidade en calquera ámbito da vida social, cultural ou económica.

A principios de xullo, a Princesa fará escala en Ferrol e poñerá rumbo a Marín a bordo do buque-escola Elcano para continuar a súa formación. Tamén, durante eses días, será nomeada Filla Predilecta de Marín. E xa o 16, coincidindo coa festividade da Virxe do Carme, terá lugar a cerimonia de entrega de despachos na Escola Naval de Marín.

Os reis visitarán Burela o martes 17 de xuño nun recoñecemento ao sector do mar

Os reis Filipe VI e Letizia visitarán Burela o martes 17 de xuño, segundo informa este concello lugués, nun acto vinculado á pesca e ao mar.

"Trátase dunha visita de especial simbolismo para a nosa vila, estreitamente ligada ao mar, á súa cultura, economía e identidade", destaca o Consistorio nun comunicado.

A presenza da Casa Real supón, segundo reivindica, un "recoñecemento a Burela como un dos centros pesqueiros máis importantes do país", cun porto e lonxa referentes no sector. Tamén agradece esta visita como "un xesto de apoio institucional e un impulso para seguir defendendo a pesca como motor económico, social e cultural do territorio".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade