Publicador de contidos

Publicador de contidos

A presión hospitalaria segue estable, cando se temía un empeoramento

A presión hospitalaria segue estable, cando se temía un empeoramento

Redúcese a duración dos ingresos por covid–19

Os expertos ven sinais moi positivos na evolución da pandemia 

G24.gal 20/01/2022 20:38

 A presión hospitalaria pola covid–19 mantense estable xusto na semana en que se temía que puidese repuntar. Nalgunhas áreas sanitarias mesmo se reduce a ocupación nos hospitais. É o caso de Ourense, onde esa tendencia coincide cunha caída dos casos activos.

"Sobre todo, nestes últimos dous días xa vemos unha tendencia a que haxa menos ingresos. E como as altas seguen avanzando con menos tempo de estadía media, si que se están estabilizando os ingresos. En planta van incluso un pouco a  menos", explica Ricardo Fernández, xefe da Unidade de Enfermidades Infecciosas do CHOU.

Máis de 70.000 galegos comunicaron o seu positivo realizado por autotest. A introdución desta variable distorceu a interpretación dos datos da pandemia tal e como se facía ata agora.

Por iso é máis difícil sacar unha conclusión sobre a fase en que nos atopamos. Pero todos os expertos coinciden en que a evolución é boa.

"Eu creo que todos os sinais son positivos. E se non estamos xa baixando, axiña imos empezar a baixar. Non se trata de levantar as mans do volante e dicir acabou todo. O que hai que transmitir é que estamos nunha fase de transición" di o inmunólogo José Gómez Rial.

De momento, debemos manter a prudencia nos contactos sociais para consolidar a tendencia á baixa. E seguir avanzando no proceso de vacinación. O próximo martes comeza o chamamento para que poñan a de reforzo os galegos de 18 a 29 anos sempre que pasasen cinco meses desde a segunda dose.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos