Publicador de contidos

A policía rescata os nenos desaparecidos en Aranxuez

A policía rescata os nenos desaparecidos en Aranxuez

Os cativos estaban na casa da nai

A muller está detida por subtraer os cativos dun centro de menores

ana lois 24/11/2021 20:28

A policía rescata en Madrid os tres nenos desaparecidos dun centro de menores de Aranxuez dende o pasado día 15.  A nai fuxira con eles despois dunha visita. Os cativos estaban na casa que a muller comparte coa súa actual parella. A nai está detida. Os rapaces teñen 5, 7 e 9 anos. Dous deles precisan medicación. Os pais perderon a custodia dos cativos hai anos por falta de coidados. Dende entón, a custodia está en mans da Comunidade de Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade