Alertan do exceso de velocidade no túnel de María Pita con imaxes de accidentes reais
A Policía Local da Coruña volve poñe nun dos puntos negros do tráfico na cidade, desta volta colgando vídeos de accidentes reais captados polas cámaras
Son sinistros sen feridos, porque a sorte está moitas veces de man
A nova campaña de control de velocidade céntrase na Coruña, nun punto en que poucas veces se respecta o limite de establecido, o túnel de María Pita.
A policía local advirte da presenza de controis de tráfico cun vídeo en que se observan as consecuencias de conducir rápido. Con imaxes de arquivo pódense ver accidentes rexistrados na zona, captados por cámaras de vixilancia.
Derrapaxes, saídas de carril ou caídas... É doado entrar a maior velocidade porque xusto antes está limitado, primeiro a cincuenta e logo a corenta. E canta máis velocidade, máis custa rectificar o trazado.
As cámaras de tráfico captan envorcaduras, mesmo con tráfico intenso. Todo un perigo que a policía quere evitar con esta campaña nas redes sociais. Concienciar de xeito gráfico das consecuencias de superar o límite de velocidade.
A campaña está activa ata o domingo e lembra que incumprir os límites de velocidade está tipificado como infracción grave, con multas que van dos cen aos seiscentos euros.