Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía investiga unha suposta agresión sexual en Vigo

A policía investiga unha suposta agresión sexual en Vigo

Os feitos aconteceron supostamente nun hostal da cidade onde o home se aloxaba cuns amigos cos que celebraba a súa despedida de solteiro

Exteriores da comisaría da Policía Nacional en Vigo Exteriores da comisaría da Policía Nacional en Vigo
G24.gal 28/09/2023 13:02

A Policía Nacional de Vigo investiga unha suposta agresión sexual a unha muller por parte dun home que celebraba a súa despedida de solteiro. 

Ocorreu nun hostal do centro da cidade, onde se aloxaba o presunto agresor, de nacionalidade portuguesa, canda unha vintena de amigos. Tras unha noite de marcha, volveu supostamente ao hotel coa vítima. Segundo transcendeu, as cámaras de seguridade do aloxamento captaron ese instante.

A Unidade de Familia e Muller da comisaría de Vigo, que é a que se encarga do caso, examina agora ese material. Ata o lugar desprazáronse varias patrullas policiais, que procederon a identificar os 21 homes e levaron arrestado o presunto agresor. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade