A policía blinda a praza de Bonanova, en Barcelona, ante a ameaza dunha batalla campal
Dúas marchas van coincidir esta tarde, unha convocada por un grupo de desocupación e outra polos ocupantes ilegais de dous inmobles
Calma tensa nesta cesta céntrica praza de Barcelona, blindada por axentes uniformados e de paisano a espera desta tarde en que van coincidir aquí dúas marchas.
Unha, convocada polo grupo de desocupación, que nas últimas horas desistía de intervir unilateralmente nos inmobles ocupados. A outra, dos ocupas da Ruïna e El Kubo, os dous edificios da Sareb onde viven ilegalmente.
A preocupación dos veciños medra. Eles queren o desaloxo, pero pola vía legal. Din que levan sete anos co problema, que cada vez son máis agresivos e que non poden máis.
Gravaron estas imaxes de noite, cos ocupas armados con coitelos e machadas. Ou tirando bólas de aceiro contra as súas ventás.
Mentres os ocupas pedían nun vídeo parar o desaloxo e que a Sareb se disolva, presentándose como a "resistencia anarquista no corazón burgués de Barcelona".
O dispositivo policial reforzarase esta tarde con unidades especiais dos Mossos e da Garda Urbana e con helicópetos. Blindarán a praza para garantir a seguridade e evitar que as marchas se crucen.