Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía Nacional efectúa 20 novas detencións por roubos en zonas afectadas pola DINA

A Policía Nacional efectúa 20 novas detencións por roubos en zonas afectadas pola DINA

As forzas de seguridade identificaron 17 persoas por intentar realizar furtos en establecementos comerciais, dúas por furtos en domicilios e outra por subtraer carburante

O número de efectivos da Garda Civil e da Policía Nacional foi duplicado para, segundo as autoridades, evitar as "condutas insolidarias"

G24.gal 03/11/2024 20:39

Entre tanta devastación hai quen segue a aproveitar a traxedia para roubar en tendas e vivendas. 

Axentes da Policía Nacional detiveron este domingo unhas 20 persoas máis polos roubos e saqueos durante a noite nas zonas afectadas.

As forzas de seguridade identificaron 17 persoas por intentar realizar roubos en establecementos comerciais, dúas por furtos en domicilios e outra por subtraer carburante. Os 20 detidos foron trasladados a dependencias policiais. 

Con estes últimos arrestos, ata o momento a Policía Nacional detivo un total de 82 persoas polos saqueos e a pillaxe en distintos puntos de Valencia nos últimos días. A policía recuperou numerosos efectos roubados, que serán devoltos aos seus propietarios. 

O número de efectivos tanto da Garda Civil como da Policía Nacional foi duplicado para, segundo as autoridades, evitar as "condutas insolidarias" entre tanta traxedia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade