Publicador de contidos

Publicador de contidos

A persistencia do Pontevedra non ten o final desexado (1-1)

A persistencia do Pontevedra non ten o final desexado (1-1)

Yelko marcou no minuto 70, pero o Raio Majadahonda empatou no treito final

G24.gal 11/12/2022 19:10

O Pontevedra xogaba contra un rival directo pola permanencia, como o Raio Majadahonda. Ao equipo de Alfredo Santaelena pareceu chegarlle o empate desde o primeiro minuto porque non arriscou o máis mínimo. 

Os de Antonio Fernández levaron o peso do encontro pero na primeira metade custoulles moito xerar oportunidades diante da porta de Lucho García. Estiveron algo máis entoados na segunda metade, en que o colexiado anulou un gol por fóra de xogo de Brais Abelenda. 

No minuto 70, a insistencia tivo premio, e Yelko acabou rematando á rede un rexeitamento logo dunha cabezada de Charles. O máis complicado estaba feito e quedaba aguantar a vantaxe. A Rufo anuláronlle outro gol, tamén por posición antirregulamentaria. Co que ninguén contaba era co gol de Albiach a dez minutos do final. Dese golpe xa non se repuxo o equipo local, que lamentou perder dous puntos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade