Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha peiteadora de Cangas axuda e orienta mulleres con cancro

Unha peiteadora de Cangas axuda e orienta mulleres con cancro

Un salón de peiteado de Cangas asesora e axuda gratuitamente todas aquelas mulleres que acaban de ser diagnosticadas de cancro

Aseguran que a caída do pelo é un dos momentos máis duros da enfermidade. Por iso, dende ADICAM ofrecen este servizo para acompañalas neste proceso.

Celeste Graña, que pasou por este proceso, é a súa peitedora

G24.gal 16/04/2024 21:38 Última actualización 16/04/2024 21:50

"Recordo que cando un médico que ditaminou que tiña un cancro, agora falando de perrucas, o primeiro que lle preguntei foi, vaime caer o pelo? E di: 'Iso é o que che preocupa...?'"

Era unha das preocupacións de Olga neses primeiros momentos. Coma ela, moitas mulleres precisan axuda cando as diagnostican de cancro. Explícanos eses momentos Olga Sotelo, actual presidenta de ADICAM, que superou a enfermidade hai dezaoito anos.

"É moi duro mirarte diante dun espello sen pelo, sen cellas, sen pestanas, sen... Iso é moi duro".

Aí entra en xogo Celeste. A peiteadora que se encarga, en colaboración con ADICAM, de asesoralas e escoitalas para afrontar ese cambio estético tan duro. Celeste Graña é a súa guía.

"Eu pasei polo mesmo e aínda que non queiras poste no lugar da persoa. Eu sempre lles digo que intenten pintar a liña do labio, a raia do ollo, un pouco de máscara de pestanas... e despois coa perruca hai diferenza de verse con pelo e sen pelo.

ADICAM ofrece un banco de perrucas gratuíto. Celeste axúdaas a elixir e despois, xa no seu salón, fan os cambios pertinentes para sentirse novamente a gusto. 

"Eu sempre digo que si, é moi duro que che caía, pero tranquilas, nos vos preocupedes, que o pelo volve e incluso con moita máis forza".

E case sen darse conta conseguen ese ansiado obxectivo: poder mirarse a un espello sen medos, tal como fixo Celeste hai agora seis anos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade