Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desde xaneiro as familias monoparentais pagarán menos impostos pola compra de vivenda usada en Galicia

Desde xaneiro as familias monoparentais pagarán menos impostos pola compra de vivenda usada en Galicia

Alfonso Rueda reuniuse con representantes do colectivo para explicarlles esta medida que a Xunta inclúe nos orzamenos de 2026

A rebaixa é do 8 ao 3% en xeral e pode chegar ao 0% nas zonas menos poboadas

 

G24.gal 21/12/2025 12:25

O próximo 1 de xaneiro entrará en vigor en Galicia unha rebaixa do imposto de transmisións patrimoniais (ITP) para a compra de vivenda usada por parte de familias monoparentais, cuxo tipo baixará do 8% ao 3%, e mesmo será do 0% en municipios rurais con pouca poboación. Esta baixada de impostos non se aplicará na compra de vivenda nova, xa que esta operación tributa no IVE. 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca así o compromiso do Goberno galego coas familias monoparentais e lamenta que non exista unha normativa estatal que regule estes fogares de forma uniforme.

Tras reunirse coas asociacións Fagamos e Nais Solteiras por Elección, Rueda lembra que Galicia conta desde 2011 cun certificado oficial que acredita a condición de familia monoparental.

Esa circunstancia outorga a este tipo de fogares unha puntuación adicional á hora de acceder a escolas infantís e casas niño; protección preferente na vivenda autonómica ou descontos nas tarifas do comedor escolar e dos campamentos xuvenís que organiza o Goberno autonómico.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade