O Deportivo busca mellorar os números en Riazor diante do Albacete
Os de Hidalgo so aseguraron o 48 % dos puntos en disputa no seu campo
Catro partidos e case tres meses leva o Deportivo sen gañar en Riazor, concretamente desde o encontro ante o Ceuta.
Todo un lastre para un equipo que aspira o ascenso e que ve como o Rácing sumou na casa o 63 por cento dos puntos e o Castellón, o 72, mentres que os coruñeses só lograron o 48.
Neste ambiente chega un Albacete que leva catro partidos de Liga invicto e imbatido, pero que perdeu os tres últimos encontros contra o Deportivo nos que recibiu doce goles.
Ademais, coa fichaxe de Riki, Hidalgo vai contar cunha tripla axuda. Por un lado, sácalle o rival a unha das súas principais figuras, por outro pode achegarlle información adicional dun equipo no que estivo as cinco últimas temporadas e por último, reforza o seu equipo.
Riazor quere volver cantar vitoria.