Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños da parroquia viguesa do Freixeiro denuncia o abandono do Concello

Os veciños da parroquia viguesa do Freixeiro denuncia o abandono do Concello

Os farois estoupan e hai unha vía cortada desde hai tres anos

G24.gal 04/02/2022 13:35

Os veciños da parroquia viguesa de San Tomé de Freixeiro, a escasos metros da Gran Vía, na ruta de pazos e próxima a varios centros comerciais denuncian o desleixo municipal; teñen farois dos anos sesenta e hai un vial cortado desde hai tres anos.

Os primeiros desprendementos no vello muro municipal do  pazo da Pastora comezaron hai tres anos e desde aquela  permanece apontoado inutilizando unha vía, algo que obriga os veciños a dar mil reviravoltas para chegar ás súas casas.

Nas últimas horas  estouroulles un farol, algo que non lles estrañou moito, porque levan anos denunciando o mal estado de beirarrúas, vías e farois; e ademais non é a primeira vez que lles ocorre.

Nesta parroquia de Vigo case non teñen iluminación pública, son vellos postes da compañía eléctrica. Consideran que o concello nunca lles fai caso e non saben por que, ata barallan deixar de pagar os impostos.

A zona está bastante céntrica, preto das Travesas e da Gran Vía, por iso non entenden como pode estar tan esquecida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade