Publicador de contidos

Publicador de contidos

A pandemia reduciu á metade o tráfico aéreo en Portugal

A pandemia reduciu á metade o tráfico aéreo en Portugal

O trasfega nos aeroportos portugueses viuse seriamente afectado en 2020 e 2021

Os galegos utilizamos menos o aaroporto do Porto en comparación co 2019

Alberto Mancebo 18/01/2022 14:15

A pandemia danou seriamente o tráfico aéreo e un bo exemplo desa baixada de viaxeiros témola moi preto, en Portugal. Nos seus aeroportos o trasfego descendeu máis da metade.

Un aeroporto moi utilizado polos galegos, o de Sá Carneiro do Porto, é a mostra. En comparación co 2019, neste aeródromo o tráfico baixou por volta dun 40 % durante a pandemia, pasando de case 11 millóns de pasaxeiros a 5 e medio.

No caso da afluencia galega os pasaxeiros tamén descenderon. Aos reparos a viaxar ao estranxeiro hai que sumarlle o receo de ir a Portugal. Como se veu demostrando nos últimos meses, ás veces é moi difícil ter claro que é o que esixe Portugal e o que non en canto as restricións para vir e moverse.

Os aeroportos das illas portuguesas da Madeira e os Azores son os que mellor resisten os efectos da pandemia mentres que o de Faro, no Algarve, chega a alcanzar un 60 % de diminución de tráfico de pasaxeiros.

O Algarve estivo gravemente afectado polas decisións dos Gobernos de Alemaña ou Reino Unido que nalgúns períodos desaconsellaron aos seus cidadáns viaxar a Portugal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade