A ourensá Raquel Carrera rompe o ligamento do xeonllo dereito e perderá os Xogos
A xogadora de Valencia fixo un mal apoio logo dun lanzamento a canastra
A internacional viña de lograr a clasificación olímpica e tiña a cita de París marcada en vermello
A pivote ourensá Raquel Carrera sufriu unha mala caída nunha entrada a canastra no partido de cuartos de final da Copa da Raíña que o Valencia estaba a xogar ante o IDK Euskotren e gañou o equipo laranxa. O club valenciano confirmou unha rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo dereito e estará entre seis e sete meses de baixa.
😞 La acción que no queríamos ver.
— Tirando a Fallar (@TirandoaFallar) March 21, 2024
😰 Tras esta penetración, @raquelcarrera_ se ha retirado a vestuarios, con gestos de mucho dolor.
🫶 Esperemos que no sea nada. ¡Mucho ánimo, Raquel!pic.twitter.com/fiwGDtKDLq
A xogadora notou decontado o problema no xeonllo. Carrera é unha peza fundamental do Valencia Basket, que pelexa pola Copa e a Liga Iberdrola, pero tamén da selección española, que dirixe o vigués Miguel Méndez.
??🇸 Raquel Carrera se lesiona de la rodilla en su partido de la Copa de la Reina y se marcha entre lágrimas.
— José Manuel Amorós (@AmorosCuatro) March 21, 2024
A solo 4 meses de #Paris2024, ojalá sea un susto o lo menos posible…
💔 pic.twitter.com/XMJ78DzuZp
As súas bágoas eran de temor por unha grave lesión, tal e como se confirmou, que a afasta das pistas ata a vindeira temporada e que a deixa sen ir aos Xogos Olímpicos de París, unha das citas que tiña subliñada en vermello despois da clasificación no preolímpico.