Publicador de contidos

Publicador de contidos

A OTAN probará un dron mariño fabricado en Vigo

A OTAN probará un dron mariño fabricado en Vigo

Fai labores de vixilancia, protección e intelixencia sen levar tripulación

Avaliarase xunto outros drons nuns exercicios da OTAN en Portugal

O estaleiro vigués Seadrons tamén fabrica barcos eléctricos e solares

G24.gal 13/09/2022 14:53

Últimos axustes antes de que o barco non tripulado feito en Vigo viaxe coa Armada ata Troia, en Portugal. Alí a OTAN avaliará este e outros prototipos de dron durante 15 días de exercicios militares. 

"Hai un futuro enorme para drons de superficie mariña, coñecemos os aéreos pero tamén os barcos e submarinos sen tripulación teñen moito que achegar na defensa, na seguridade e na captación de información", explica Iñigo Echenique, enxeñeiro naval do estaleiro Seadrone.

As cámaras térmicas e de longo alcance, o sonar topográfico e o radar que leva a bordo permiten inspeccionar zonas de risco e enviar información a distancia, sen poñer en perigo as tripulacións.

"É moi rápido, navega a 35 nós co mar revolto, ten moita autonomía por non levar tripulantes e ten unha estrutura moi robusta", engade Iñigo Echenique.

A aposta pola innovación desde pequeno estaleiro non queda nos barcos sen tripulantes. Desde aquí fanse tamén barcos autónomos enerxeticamente, que poden chegar a navegar coa única axuda do sol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade