Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ONU acusa a Rusia dun crime de lesa humanidade por traslado forzoso de poboación

A ONU acusa a Rusia dun crime de lesa humanidade por traslado forzoso de poboación

Unha Comisión Internacional Investigadora di que Moscova realiza "esforzos coordinados e organizados" que obrigaron a milleiros de persoas a fuxir

(Reuters/Yevhen Titov) (Reuters/Yevhen Titov)
G24.gal 22/09/2025 11:11

Unha Comisión Internacional Investigadora da ONU acusou este luns a Rusia do crime de lesa humanidade polos ataques coordinados e organizados para provocar o traslado forzoso de poboación ucraína dos territorios onde asentou a súa ocupación ou aos que se está expandindo.

"O terror infundido na poboación obrigou a miles a fuxir", denunciou o presidente da Comisión, Erik Mose, ante o Consello de Dereitos Humanos da ONU, que se reúne en Xenebra.

De acordo ás investigacións que realizou esta Comisión, os ataques con drons e deportacións "revelan esforzos coordinados e organizados por parte das autoridades rusas para capturar máis territorio, así como para consolidar o seu control sobre as zonas que xa ocupan en Ucraína".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade