Publicador de contidos

Publicador de contidos

A OMS di que a nova hepatite infantil é un tema moi urxente

A OMS di que a nova hepatite infantil é un tema moi urxente

O organismo trata de saber que está causando estes casos, detectados en media ducia de países

G24.gal 03/05/2022 08:04

A Organización Mundial da Saúde di que a nova hepatite infantil é un tema moi urxente.  E asegura que lle están a dar prioridade absoluta. Asegurouno o director rexional de Emerxencia deste organismo, quen asegurou que xa están sobre aviso varios países.

O organismo trata de saber que está causando estes casos, detectados en media ducia de países. En España hai rexistrados 22, tres en Galicia, dos cales, dous na área de Vigo e un na da Coruña. Un dos nenos tivo que ser trasladado a un hospital de Madrid ao sufrir complicacións, pero evoluciona ben.

Deles, un requiriu un transplante de fígado e polo menos cinco tiveron que ingresar na UCI. A idade dos afectados oscila entre o mes de vida e os 16 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar