Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ocupación hoteleira alcanza máximos históricos no mes de xuño en Galicia

A ocupación hoteleira alcanza máximos históricos no mes de xuño en Galicia

Supera nun 5 % as cifras previas á pandemia

No último mes de xuño a ocupación hoteleira incrementou nun 70 % con respecto a xuño do 2021

G24.gal 04/08/2022 09:34

A Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro aseguraba esta mañá nunha entrevista no Galicia por diante que no último mes de xuño a ocupación hoteleira incrementou nun 70 % con respecto ao mesmo mes do ano pasado. 

Nava Castro asegura que as mulleres son as que máis fan o camiño e sinala os camiños Francés e Portugués como os máis transitados debido á súa seguridade. Dende a Xunta anuncian que están traballando para dotar de seguridade tamén o resto de rutas.

Fronte ás queixas de saturación nos últimos treitos do camiño, dende Tuismo desmenten a existencia desta problemática e aclaran que, de ser así, a ocupación hoteleira estaría completa.

Neste senso, Nava Castro asegura que dende a Administración xa traballan noutro plan de diversificación dos fluxos e apunta que o último conseguiu reducir a afluencia de peregrinos no camiño francés do 98 % ao 50 %. 

Con todo, a directora de turismo salientou que as expectativas de cara a finais de ano son boas e agardan pechar o 2022 co maior número de compostelas da historia da peregrinación. Dende a Xunta móstranse optimistas e sinalan aos peregrinos como mostra de recuperación do mercado nacional e internacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar