Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ocupación hostaleira supera estes días o 80 por cento en Sanxenxo

A ocupación hostaleira supera estes días o 80 por cento en Sanxenxo

Os establecementos de catro estrelas e con spa están completos.

G24.gal 16/04/2022 15:01

O aluvión de turistas que elixiu Sanxenxo supera as expectativas do sector esta Semana Santa.

Os hostaleiros confiaban en chegar a unha ocupación algo por riba do 70 por cento pero as reservas de última hora desbordaron xa as previsións, segundo Alfonso Martínez, presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos.

Os hoteis de máis categoría, de catro estrelas e os que teñen spa colgaron o cartel de completos. Outros hoteis de menor categoría tamén están completos. Mañá teremos os datos definitivos pero podemos falar de que superamos o 80 por cento de ocupación. A oferta turística da vila rolda nesta Semana Santa as 14 mil prazas de aloxamento en hoteis, apartamentos e cámpings.

Esperabamos reservas pero, a verdade, non tantas e tan a última hora. Podemos dicir que foi moita reserva de último minuto.

Sen restricións pola pandemia e con este arranque de temporada turística, en Sanxenxo agardan un verán moi bo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar