Os turistas ateigan Galicia ante a ponte de agosto, cunha ocupación de case o 100 %
Nas zonas máis turísticas os hoteis están completos estes días
No ecuador do mes de agosto, a ocupación hostaleira repunta. En moitas vilas galegas os hoteis estarán nesta ponte ao 100 por cento da súa capacidade. Malia as néboas matinais, os turistas déixanse ver nas zonas costeiras, onde as taxas de ocupación van ser máis altas.
O presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, concreta que "estimamos unha ocupación de entre o 90 % e 100 %. Haberá establecementos que colgarán o cartel de completo. A climatoloxía tamén nos está a acompañar".
O clima é un aliciente para a maioría dos visitantes, dispostos a deixarse sorprender pola cultura, a paisaxe e a gastronomía galegas.
As reservas de última hora permitirán pechar o mes de agosto cunhas cifras de ocupación por riba do 90 %.