Publicador de contidos
Publicador de contidos

A nova lei de vivenda estatal tivo efectos negativos no mercado

A nova lei de vivenda estatal tivo efectos negativos no mercado

A falta de seguridade e a diminución dos pisos en alugueiro son as peores consecuencias

G24.gal 11/02/2024 14:20 Última actualización 11/02/2024 14:41

Malia a nova lei de vivenda estatal, a vivenda é cada vez menos accesible aos cidadáns e moitos propietarios senten tamén maior inseguridade xurídica. A escaseza dos pisos en alugueiro convencional é un dos problemas máis graves.

A Federación de Inmobiliarias de Galicia aposta porque o Goberno español ceda á Xunta a custo cero a vivendas en mans da SAREB para reactivar o mercado. Os alugueiros seguen subindo, polo que son moitos os mozos e non tan mozos que optan por compartir piso.

Para moitos adquirir queda fóra das súas posibilidades. Están satisfeitos os que teñen unha hipoteca fixa e tamén os que conseguiron unha vivenda social.

Desde a Federación de  Galega de Inmobiliarias tamén valoraron moi positivamente os novos avais á vivenda previstos tanto pola Xunta como polo Goberno central.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade