Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		A nova dirección do PSdeG-PSOE cambia de voceiro parlamentario
A nova cúpula socialista dirixida por Valentín Gonzalez Formoso baralla varios nomes para reemprazar a Caballero
.png) 
            
                            G24.gal
                        
                            12/01/2022 08:21
                        
                        
                        
                        
                    
                    Esta fin de semana a dirección do PSdeG vai rematar os cambios provocados polo seu último congreso coa substitución do exsecretario xeral Gonzalo Caballero como voceiro no Parlamento.
A nova cúpula socialista dirixida por Valentín Gonzalez Formoso baralla varios nomes para substituír a Caballero. Os dous que máis soan son o lucense Luís Álvarez e o arousán Xulio Torrado.
Fontes próximas a Gonzalo Caballero aseguran que vai continuar como deputado ata o final da lexislatura e que o seu papel no grupo vai depender de como finalicen as primarias provinciais que se están celebrando.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
        .png) 
    
         
            
                 
            
         
            
                