Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova ABAU: os erros ortográficos descontarán 0,25 puntos

Nova ABAU: os erros ortográficos descontarán 0,25 puntos

Os erros de acentuación considéranse media falta

Publícanse as guías de corrección das probas de acceso á universidade

A relación de contidos valorará máis que a memorización

Alumnado realizando a proba da ABAU
G24.gal 05/04/2023 14:58

A nova ABAU que se vai implantar no 2024 vai ter distinto enfoque, pero tamén distinta forma de avaliar.

Os correctores van ser menos rigorosos cos erros de acentuación, e é que cada acento de menos contará como media falta cando agora desconta 0,15 puntos. O resto das faltas ortográficas descontan 0,25, non se sabe ata que máximo, e coma sempre os erros repetidos só se teñen en conta unha vez. Os cambios vanse apreciar sobre todo á hora de avaliar o contido.

"Pois que o fan valorando un pouco o conxunto, non exactamente os coñecementos provenientes da memorización", explica Sonia González, directora dunha academia de ensino.

Buscan saber relacionar contidos e uns mínimos de coherencia, cohesión e corrección expresiva. No caso das matemáticas, piden aos correctores non poñer ceros a menos que o exercicio estea totalmente en branco.

"Valórase que o rapaz faga algo, aínda que estea mal, pero que o faga, e iso xa lle puntúa 0,25. Entón a min iso paréceme inxusto con respecto a outros rapaces, e todo isto xera unha desmotivación realmente polos que traballan, polos que estudan e polos que se esforzan, e eu creo que aí están abrindo unha brecha", continúa Sonia.

Estas guías de corrección publícanse unhas semanas despois de que se realizara en 50 institutos de varias comunidades autónomas, unha proba piloto de como vai ser a nova ABAU. Galicia non participou nestas probas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade