Publicador de contidos

Publicador de contidos

A nostalxia dos migrantes mudan os estantes do supermercado

A nostalxia dos migrantes mudan os estantes do supermercado

 Os estranxeiros introducen novos ingredientes, sabores e técnicas na nosa cociña.

Galicia conta cun 6% de poboación inmigrante que demanda os seus produtos nacionais

G24.gal 10/10/2025 21:04 Última actualización 10/10/2025 22:14

A nostalxia dos migrantes está cambiando a oferta nos supermercados do noso país.

En Galicia, un 6% da poboación é estranxeira, e cada vez máis, os produtos tradicionais destes colectivos están presentes nas grandes superficies. 
Máis de medio cento de tipos de ramen mesmo para celíacos podemos adquirir no supermercado Rebeca da Gran Vía de Vigo. Tamén produtos coreanos, como o licor típico do país que levan un autóctono de paso por Vigo e a súa amiga Verónica.

Coa demanda crecente, son os propios estranxeiros os que abren negocios para satisfacer estas necesidades. Mohammed é sirio. Escapou da guerra coa súa familia a Turquía, onde era xoieiro, pero o tremor de 2023 deixounos sen nada. Hai 2 anos estableceuse cos seus irmáns en Ourense e dende xuño rexenta a carnicería "Los amigos".

No Bazar Asia América, esgótanse as follas de plátano que serven para diversas comidas e funcionan moi ben as bebidas como a inca cola do Perú. 

Ante a crecente demanda de certos produtos, grandes supermercados ampliaron a oferta e nas estanterías conviven a tortilla de pataca, os grelos e o licor café coa carne mechada colombiana, os tacos mexicanos ou o ponche venezolano.

"Teño empresas que me proveen de carne cuxo sacrificio é polo rito Halal, apto para os árabes" afirma Mohammed, dono da Carnicería "los amigos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar