Publicador de contidos

Publicador de contidos

A neve atrae visitantes á estación de Manzaneda na fin de semana

A neve atrae visitantes á estación de Manzaneda na fin de semana

Aviso amarelo por frío no sur da provincia de Ourense

G24.gal 05/03/2022 14:32

Os canóns de innivación traballaron toda a noite na estación de Manzaneda e sacaron un centímetro e medio de neve. Non dá para esquiar pero si para gozar do día.

Durante a noite rexistráronse neste punto e en Xares, no concello da Veiga, catro graos e medio baixo cero, a mínima de Galicia.

Tamén houbo temperaturas xélidas no sur de Ourense, en aviso amarelo por frío: -4 graos en Calvos e -2'5 en Baltar. Pero o día amenceu solleiro.

Na estación hai unha vintena de apartamentos reservados e teñen boa parte dos servizos operativos para os que se animen a subir esta fin de semana.

Os canóns seguirán funcionando hoxe e mañá, á espera das nevaradas previstas para luns e martes.

"Restauración, piscina, spa, rutas de sendeirismo, bike park júnior... está todo aberto", asegura Víctor Manuel Picos Romero, director da estación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade