Cargando resultados...
A muller que denunciou unha violación en Ferrol recoñece que a acusación era falsa
Os investigadores volveron citala para declarar este venres, ante as incongruencias na súa denuncia

G24.gal
01/08/2025 21:13
A muller que denunciara unha violación o pasado martes en Ferrol recoñeceu este venres ante a Policía Nacional que a acusación era falsa. Así o confirmaron fontes da investigación.
Tras a denuncia presentada, a Policía Nacional chegara a deter o presunto autor dos feitos, pero os investigadores detectaron varias incongruencias na declaración da moza, e por iso volveron citala para declarar este venres acompañada pola súa avogada. Foi entón cando a propia denunciante confesou que todo se trataba dunha denuncia falsa.
Presentar unha denuncia falsa en España pode implicar ata 2 anos de cárcere.