Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Moncho Fernández non lle estraña o liderado do Tenerife

A Moncho Fernández non lle estraña o liderado do Tenerife

"Aí están as súas vitorias na Champions League, campión varias veces, e o seu rendemento na Copa. É o líder por méritos, todo o que fai faino moi ben”, comentou o técnico santiagués

G24.gal 13/10/2022 18:32 Última actualización 13/10/2022 18:38

Ao adestrador do Monbus Obradoiro Moncho Fernández non lle sorprende o nivel que está a ofrecer o Lenovo Tenerife neste inicio de liga Endesa, con tres triunfos noutros tantos partidos, dous deles a domicilio nas pistas de Manresa (70-89) e Baskonia (79-85).

“Leva varias tempadas facéndoo moi ben, estando na parte nobre da clasificación. Aí están as súas vitorias na Champions League, campión varias veces, e o seu rendemento na Copa. É o líder por méritos, todo o que fai faino moi ben”, comentou o técnico santiagués en conferencia de prensa.

Neste sentido, dixo que “non é de estrañar” o seu liderado “por equipo, persoal e estilo de xogo”, xa que conseguiu manter o bloque do curso pasado e reforzouse con “moi bos” xogadores como Jaime Fernández (Unicaja), Cook (Tofas) ou Tim Abromaitis (Unicaja)“.

O seu grande éxito está na continuidade, mantivo a xogadores con moito peso no equipo e a Txus Vidorreta", destacou Moncho Fernández, para quen o seu próximo rival está a explotar a experiencia do seu cadro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade