A Mobile Week Ourense afonda na utilidade das ferramentas dixitais
Conferencias e mesas redondas acerca da tecnoloxía bolckchange e o metaverso
O primeiro contacto coa realidade virtual é ás mans dun simulador de condución, un gancho desta Mobile Week que durante catro días trae a Ourense o debate arredor das novas tecnoloxías e a dixitalización.
Por exemplo, a conferencia que acolleu a sede dos empresarios sobre o metaverso. Todo un mundo que só existe dentro das pantallas pero que toma forma práctica nas estratexias de mercadotecnia das compañías.
Fálase tamén de como obter fondos europeos mediante as ferramentas dixitais, imprescindibles agora nas relacións coa Administración. A tecnoloxía blockchange está infrautilizada neste eido, segundo din os expertos.
O mundo rural está presente coa experiencia de start ups que saíron adiante grazas á dixitalización. Tema central deste evento, que está aberto ata o domingo.