A ministra de Facenda esíxelle a Feijóo que asista a todos os debates
A ministra de Facenda esíxelle a Feijóo que asista a todos os debates
María Jesús Montero di que un goberno do PP e VOX recortaría as conquistas sociais
A ministra de Facenda e vicesecretaria xeral do PSOE María Jesús Montero presentou en Sevilla as candidaturas socialistas pola provincia.
Participación nos debates
A dirixente socialista andaluza esixiulle a Feijóo que acepte todos os debates propostos. María Jesús Montero dixo que un goberno do PP e de VOX implicaría un gran recorte dos dereitos e das conquistas sociais.
Oposición de terra queimada
A ministra de Facenda rematou criticando a política do Partido Popular na oposición.
"A política practicada desde a oposición polo Partido Popular foi de terra queimada. O Partido Popular sempre, en todo momento, antepuxo os intereses do seu partido aos intereses xerais de España, onde tivemos que pelexar contra unha pandemia e deixáronnos sós, tivemos que pelexar e pelexamos contra unha guerra, e deixáronnos sós".