Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ministra de Defensa inaugura o curso na Escola Naval Militar de Marín

A ministra de Defensa inaugura o curso na Escola Naval Militar de Marín

Os 28 centros militares de toda España teñen nestes momentos máis de 6.000 alumnos

G24.gal 16/09/2022 15:48

Este venres celebrouse na Escola Naval Militar de Marín o acto de inauguración do novo curso académico 2022-2023, un acto castrense que estivo presidido pola ministra de Defensa.

 Margarita Robles, destacou o "esforzo de innovación e superación" realizado por todos os centros de formación das Forzas Armadas para adaptarse aos "novos tempos".

"Porque a formación é esencial e fundamental e, sobre todo, porque o mundo vai tan á présa, vai tan rápido que as novas tecnoloxías, esa transformación dixital que se elixiu como lema deste novo curso académico é básico e porque a vida vai moi ás présas e as tecnoloxías tamén".

Durante o acto, Margarita Robles tivo unhas palabras para todos os militares que, nestes momentos, están en misións no estranxeiro, aos que agradeceu a súa "profesionalidade e xenerosidade".

O número de alumnos do ensino de formación militar ascende este curso a un total de 6.317 repartidos entre 28 centros de toda España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade