Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Brilat súmase ás tarefas de apoio para a extinción de incendios en Galicia

A Brilat súmase ás tarefas de apoio para a extinción de incendios en Galicia

Son unhas trinta patrullas do Exército de Terra que están "ao servizo de quen as necesite", como explica Defensa nas súas redes sociais

Rueda afirma que Sánchez se compromete a enviar a Galicia “todos os medios posibles"

Imaxe da Brilat publicada polo Ministerio de Defensa na súa conta da rede social X Imaxe da Brilat publicada polo Ministerio de Defensa na súa conta da rede social X
G24.gal 16/08/2025 13:03

A Brigada Galicia VII (Brilat), con base en Pontevedra, sumouse ás tarefas de apoio para a extinción dos incendios na comunidade autónoma, segundo indicou o Ministerio de Defensa.

Son unhas trinta patrullas do Exército de Terra que están "ao servizo de quen as necesite", como explica Defensa nas súas redes sociais.

Cada ano, a través dun convenio de Defensa e a Xunta de Galicia, a Brilat desenvolve a operación Centinela Gallego, que se centra en tarefas de vixilancia dos montes entre o 15 de agosto e o 30 de setembro.

Este ano, en plena vaga de incendios, o seu papel será de apoio á extinción do lume.

Así o demandou este venres o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que requiriu todos os medios posibles para a loita contra os incendios, entre eles, os da Brilat.

O dirixente autonómico solicitou que as 30 patrullas militares que a integran se concentren en Ourense para labores de apoio e colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Autonómica.

Rueda lembrou que é un convenio de vixilancia que a Xunta de Galicia "sufraga" e por iso esperaba que se reorientase aos labores en Ourense de maneira "inmediata"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade