Publicador de contidos

Publicador de contidos

A máscara deixará de ser obrigatoria en exteriores a partir do xoves

A máscara deixará de ser obrigatoria en exteriores a partir do xoves

Haberá que seguir empregándoa cando non haxa distancia de seguridade

G24.gal 05/02/2022 14:38

A máscara deixará de ser obrigatoria en exteriores a partir do próximo xoves. Recuperamos, polo tanto a situación previa ao Nadal, cando a explosión de casos e as datas festivas levaron ao Goberno a impoñer o seu uso na rúa. 

A eliminación desta obrigatoriedade regularase mediante un Real Decreto que a ministra de Sanidade presentará o luns na reunión do Consello Interterritorial do Saúde, no que están presentes todos os responsables autonómicos de Sanidade.

Varias comunidades autónomas xa solicitaran a supresión dunha medida que, en xeral, agradece a cidadanía. Iso si, haberá que empregala cando non se cumpra coa distancia mínima de seguridade.

En España, ata o de agora, as máscaras seguían a ser obrigatorias en todo lugar público, pechado ou aberto, excepto praias ou contornas rurais, aínda que se puidese gardar a distancia recomendada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade