Publicador de contidos

Publicador de contidos

A maioria dos nenos con covid–19 son asintomáticos, pero tamén poden acabar no hospital

A maioria dos nenos con covid–19 son asintomáticos, pero tamén poden acabar no hospital

Unha nena de dous anos da Coruña pasou dos 39 de febre e tivo que ir a Urxencias

 

Os medicos lembran aos pais a importancia de que vacinen os seus fillos
G24.gal 26/01/2022 14:40

Os nenos padecen moito menos a covid–19 que os adultos, pero hai algúns menores de dez anos que acaban no hospital por coronavirus. Nesta sexta vaga, máis de 50 nenos ingresaron en coidados intensivos en toda España, fronte aos aproximadamente 1.100 maiores de 70.

Por cada 10.000 nenos con covid–19 sintomático, uns 110 precisan hospitalización e oito ingresan na UCI, segundo o estudo de casos notificados o ano pasado por dez países europeos. O risco de que os nenos con coronavirus enfermen de gravidade é moi baixo, pero en ocasións poden sufrir, como a filla de dous anos dun médico coruñés.

"Onte pasou todo o día con febre alta, 39 e medio, e moita tose. Mesmo houbo que levala a Urxencias para que lle puxesen corticoides porque estaba facendo unha larinxite. Hai que ter coidado cos nenos tamén, porque aínda que a maior parte son asintomáticos, si que hai cadros un pouco complicados", di Manuel Viso, médico do hospital San Rafael da Coruña e pai da nena contaxiada.

Tanto este médico coma outros expertos lembran a importancia da vacina pediátrica nas franxas de idade en que está recomendada.

"Que non o dubiden os seus pais e que os leven a vacinar, dicía o conselleiro, que a primeira dose supera o 80 por cento neses nenos, pero temos que ir polo cen por cento", engade Viso.

Nos colexios, a máscara e a distancia de seguridade seguen sendo a principal ferramenta para intentar evitar contaxios masivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade