A loita do Breogán non tivo premio na prórroga (85-89)
A loita do Breogán non tivo premio na prórroga (85-89)
O Manresa estivo máis atinado no tempo suplementario e levou o triunfo do Pazo
O Breogán non puido engadir unha segunda vitoria consecutiva malia que o tentou de todos os xeitos diante dun Manresa moi combativo. Os corenta minutos remataron con empate (77-77) e a prórroga caeu do lado catalán por 85-89.
Entrou moito mellor no partido o Manresa. Pedro Martínez exprimiu todo o seu plantel e mantivo un ritmo que lle foi imposible de seguir aos de Mrsic (18-28). Tentou reaccionar o Breogán (30-36), o Manresa acadou unha máxima de doce puntos (34-46) e de novo os lucenses acabaron ben meténdose no encontro ao descanso (43-49).
No terceiro cuarto o Breogán conseguiu poñerse por diante (64-59) e entrou no cuarto decisivo en vantaxe pero foi Manresa o que tivo máis preto gañar o partido. De feito, con 74-77 fallou dous tiros libres para conseguilo. Na seguinte acción Sergi Quintela forzou tres tiros libres e conseguiu empatalo e aínda tería Momirov un tiro para deixar o partido en Lugo.
O partido decidiuse na prórroga na que, logo dun intercambio de canastras foi o Manresa o máis atinado. Unha tripla de Dani Pérez despois de dous rebotes ofensivos foi determinante para a sorte do partido.