Cargando resultados...
A Liga suspende o Vilarreal-Español pola alerta vermella por unha nova DINA
A suspensión comunicouse ás 21:07 horas, cando había 12.000 espectadores no campo do Madrigal e os equipos completaran o quecemento
G24.gal
03/03/2025 21:45
O Vilarreal-Español foi suspendido por unha alerta vermella por DINA con risco de chuvia torrencial en toda a provincia de Castelló. A alerta foi decretada a partires das 0:00 horas. No Madrigal todo parecía normal ata as nove da noite, hora en que tiña que comezar o partido. Os dous equipos completaron o quecemento e había máis de 12.000 espectadores no estadio do Vilarreal.
Diante dos acontecementos na Comunidade Valenciana de hai uns meses, a Liga, ante a advertencia da Generalitat o Vilarreal, trasladou a petición de adiamento ao Xuíz de Competicións Profesionais, que autorizou a suspensión ás 21:07.