Publicador de contidos

Publicador de contidos

Así é a nova FP que aproba este xoves o Congreso

Así é a nova FP que aproba este xoves o Congreso

Vaille permitir ao estudante deseñar o seu propio itinerario formativo

Está pensada para que os traballadores con escasa ou nula cualificación poidan conseguila

En catro anos, a metade dos traballos en España requirirán cualificación técnica 

G24.gal 15/12/2021 18:33

O Congreso aprobará este xoves, previsiblemente por maioría absoluta, a nova lei que regulará os estudos de Formación Porfesional.

Calquera estudante, traballador ou desempregado terá acceso a un sistema de graos de formación que se poden ir acumulando. O modelo permitirá ascender na formación e obter sucesivas acreditacións e titulacións de maior nivel. Isto permitiralle ao estudante deseñar o seu propio itinerario formativo e encontrar o que necesita de acordo coa súa etapa vital.

Como está pensada para estudantes pero tamén para traballadores e parados, unifica as competencias  que repartían, ata o de agora, Educación e Traballo con formación inicial e continua. Con isto quere facilitárselles aos adultos a recualificación, a certificación das súas competencias e adecuación ás demandas do mercado laboral.

Máis de dez millóns de traballadores en activo en España non teñen unha acreditación formal das súas competencias. A nova lei pretende que tres millóns deles poidan acreditalas en catro anos.

A nova lei establece cinco graos formativos (A, B, C, D e E) e, a partir do terceiro, xeneraliza a FP dual para que o estudante teña maior carga práctica nas empresas.

No grao D a formación en empresas pode alcanzar o 50 % da duración da formación, e os estudantes terán contrato.

A norma facilitará ademais a relación entre a FP e a Universidade de maneira que os itinerarios permitan transitar duns a outros estudos sen obstáculos. 

A lei implica un investimento de 5.474 millóns de euros nos primeiros catro anos.

O número de estudantes que optan en España pola FP son un 12 %, fronte ao 29 % de media nos países da Unión Europea.

En catro anos, a metade dos postos de traballo no mercado laboral estatal requirirán de técnicos e técnicos superiores, nun país en que o 25 % da poboación activa ten unha cualificación intermedia e o 35 % só dispón de cualificación baixa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade