A inflación e a aplicación da nova lei educativa marcan a volta ao cole
Non se pode botar man de libros usados para aforrar cartos nos cursos onde se comeza aplicar a Lomloe
Soben os libros e o material escolar. Balbina é libreira en Santiago en Santiago
Os libros están subindo entre seis e nove euros mínimo. O papel está moi caro, a impresión... todo suma. A media, digamos que máis ou menos anda por 300 euros, pero dunha editorial a outra pode haber cen euros de diferenza
A volta ao colexio non escapa da situación de inflacion que vive a economía. Dío Liliana Marsán, reponsable do Observartorio Cetelem.
Seis de cada dez galegos que teñen previsto facer compras relacionadas coa volta ao cole veranse afectados pola alta inflación de tal maneira que farán menos compras que en anos anteriores aproveitando materiais doutros cursos, mirará máis os prezos, aproveitará as ofertas e realizará compras de segunda man.
Comprar libros usados non vale desta vez para todos os cursos. A implantación da nova lei de educación en primeiro, terceiro e quinto de primaria e en primeiro e terceiro de secundaria require outras publicacións, segundo explica Balbina.
Polo que o banco dos libros está a cero, teñen que comprar libros novos e iso vai ser un retardo. Se nos centros teñen sen aprobar os libros que lles prestan ás familias, están sen mercar, as editoriais fanos contadiños e imos chegar ao Nadal con nenos sen libros".
As familias botan contas dos gastos que son inevitables.
"Todo para a volta o cole" é o reclamo de papelerías e librarías estes días.
Desde o Goberno galego aseguran que van tratar de que o curso comece con toda a normalidade posible pese á nova aplicación da lei educativa LOMLOE. O conselleiro Román Rodriguez asegura que foi unha aprobación "improvisada e caótica".