Publicador de contidos

Publicador de contidos

A incidencia sobe sete puntos en España, ata os 139 casos

A incidencia sobe sete puntos en España, ata os 139 casos

G24.gal 23/11/2021 20:00

O Ministerio de Sanidade rexistrou este martes, con datos achegados polas comunidades autónomas, 6.777 novos casos de coronavirus, dos que 4.747 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, fronte aos 1.987 rexistrados o luns, o cal eleva a 5.103.315 a cifra total de persoas contaxiadas de covid–19 desde o inicio da pandemia.  

Respecto da incidencia media actual de contaxios en España nos últimos 14 días, o informe mostra que segue aumentando; sitúase nos 139,1 casos por cada 100.000 habitantes, en comparación cos 132,19 notificado o luns polo departamento dirixido por Carolina Darias.  

En canto aos falecidos por covid–19, notificáronse 34. Na última semana rexistráronse 84. Isto fai que a cifra global de mortos por coronavirus en España se eleve ás 87.866 persoas.  

Actualmente, hai 3.004 pacientes ingresados por covid–19 en toda España e 547 en UCI, aínda que nas últimas 24 horas producíronse 481 ingresos e 342 altas. A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 2,42 por cento e nas UCI no 5,97 por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar