Cargando resultados...
A incidencia en España sobe 14 puntos e acada os 248 casos por cen mil habitantes
Sanidade rexistrou ademais 13.738 novos contaxios

G24.gal
03/12/2021 19:30
A incidencia da pandemia en España continúa á alza ás portas da ponte festiva de decembro e repite unha suba de 14 puntos acadando os 248 casos por cada 100.000 habitantes.
Sanidade rexistrou 13.738 novos contaxios, unhas cifras que seguen subindo a media nacional de ocupación nas unidades de coidados intensivos, que ronda o 8,8 %.
As comunidades notificaron 762 contaxios menos ca onte, pero a escalada da incidencia a 14 días por cada 100.000 habitantes continúa en ascenso nesta última semana.