Publicador de contidos

Publicador de contidos

A incidencia segue en aumento en España, con 178 casos por cada 100.000 habitantes

A incidencia segue en aumento en España, con 178 casos por cada 100.000 habitantes

Moitas comunidades autónomas están usando o pasaporte COVID para tratar de controlar a pandemia

Euskadi e Navarra son as comunidades con máis risco

G24.gal 29/11/2021 08:08

España camiña cara a unha incidencia de 200 casos por cada 100.000 habitantes. E os próximos días serán clave para ver o alcance desta nova vaga, coa ponte da Constitución ás portas. Por iso as autoridades insisten en pedir máxima precaución. 

Euskadi e Navarra son as comunidades con máis risco. A conselleira vasca de Saúde fala de situación moi preocupante e xa anticipa posibles novas restricións de cara ao Nadal.

Moitas comunidades están usando o pasaporte COVID para tratar de controlar a pandemia, e iso está animando a moitos a vacinarse, especialmente entre os menores de 40 que non tiñan pensado facelo.

Notouse esta fin de semana nas ringleiras dos puntos de vacinación, cunhas imaxes que non viamos dende xullo.

Tras meses de dúbidas, agora si deciden vacinarse. Ademais do pasaporte COVID, a nova variante do virus pode supoñer tamén un novo pulo á vacinación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade