Publicador de contidos

Publicador de contidos

A incidencia española baixa por primeira vez desde outubro

A incidencia española baixa por primeira vez desde outubro

Galicia tamén rexistra unha baixada da incidencia, que se sitúa nos 3.426 casos

O Ministerio de Sanidade rexistra 284 falecementos

G24.gal 18/01/2022 19:05

O Ministerio de Sanidade rexistrou este martes, con datos achegados polas comunidades autónomas, 94.472 novos casos de coronavirus, dos que 52.078 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, fronte aos 36.414 rexistrados o luns. Iso eleva a 8.518.97 a cifra total de persoas contaxiadas de covid–19 desde o inicio da pandemia.  

Respecto da incidencia media actual de contaxios en España nos últimos 14 días, o informe mostra un lixeiro descenso; sitúase nos 3.306,52 casos por cada 100.000 habitantes, en comparación cos 3.397,60 notificados o luns polo departamento dirixido por Carolina Darias.  

En canto aos falecidos por covid–19, notificáronse 284. Na última semana rexistráronse 564. Isto fai que a cifra global de decesos por coronavirus en España se eleve ás 91.277 persoas.  

Actualmente hai 18.918 pacientes ingresados por covid–19 en toda España e 2.243 nunha UCI, aínda que nas últimas 24 horas se produciron 2.410 ingresos e 2.505 altas. A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 15,17 por cento e nas UCI no 23,69 por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade